Educalecrín

Bosquescola

Unha escola na natureza

Bosquescola A Merla Branca

En Lalín, Educalecrín ofrece unha educación alternativa que conecta ás crianzas coa natureza e con elas mesmas, fomentando aprendizaxes vivenciais.

educalecrin-bosquescola-neno- (1)
Galería

Día a día na Bosquescola

Aprender na natureza

Educación infantil e grupos de aprendizaxe

Pola mañá, centro educativo de educación infantil; pola tarde, grupos de aprendizaxe para crianzas de Infantil e Primaria, baseados en pedagoxías non directivas como Montessori, con enfoque principal na natureza.

Cursar Educación Infantil

As crianzas poderán cursar educación infantil baseándonos en pedagoxías alternativas e tendo unha atención personalizada e diferenciada. Tódalas mañás de Luns a Venres.

Grupos de aprendizaxe (GJN) para infantil e primaria

Neles reforzamos aspectos curriculares dun modo divertido e distinto. Temos distintas tardes temáticas: tardes de inglés, matemáticas, linguas, ciencias, arte, música, etc. Elixe tí o número de tardes e o horario de entrada. Deixa toda a tarde aquí á túa crianza e esquécete do coche. Tódalas tardes de Luns a Venres.

Escola de familias

Ao longo do curso impartimos diferentes formacións para persoas adultas e familias, baseadas en temáticas diversas e que atendan ás vosas necesidades. Sábados á mañá.

Visitas pedagóxicas

Para sector educativo e familias. Ven a coñecer o noso modo de traballar e o noso centro. Concerta a túa visita.

Campamentos educativos

Campamentos cunha base educativa en valores, igualdade, diversidade, respecto á natureza e moita, moita diversión! Ao longo de todo o ano e coa fin de conciliar.

Aprender en Liberdade

Recordos para toda unha vida

Na Bosquescola A Merla Branca, as nenas e nenos medran e aprenden rodeadas de natureza. Polas mañás, somos un centro educativo infantil para nenos e nenas de 2 a 6 anos. Polas tardes, abrimos as nosas portas a grupos de máis idade, ofrecendo experiencias educativas enriquecedoras nun entorno natural.

A nosa escola bebe tanto da Pedagoxía Montessori como da Pedagoxía Bosquescola, fomentando a autonomía, a creatividade e a aprendizaxe a través da experimentación. Cremos que as crianzas aprenden mellor cando poden explorar, descubrir e sentir o mundo que as rodea, desenvolvendo habilidades ao seu propio ritmo.

O contacto coa natureza potencia o benestar físico e emocional, reforzando a curiosidade e o respecto polo medio. A educación ao aire libre mellora a concentración, a confianza en si mesmas e a capacidade para resolver problemas de forma creativa. Os beneficios da nosa pedagoxía son múltiples, preme neste enlace para coñecer máis: Beneficios da Bosquescola

Na Bosquescola A Merla Branca, cada día é unha nova aventura. A chuvia, o vento ou o sol forman parte da aula, e cada estación trae novas experiencias. As crianzas medran cos pés na terra, as mans na natureza e a mente aberta ao aprendizaxe.

O Xogo Libre na natureza permite ás crianzas elexir os elementos naturais que máis lle chamen á atención e facer creacións en base á dificultade que estén preparadas para asumir en cada momento. É como si se preparase unha actividade personalizada para cada unha. As educadoras só intervimos en caso de perigos ou conflictos. Alternar actividades guiadas cun tempo de Xogo Libre é fundamental para a correcto crecemento das crianzas.

Na bosquescola hai normas e límites. Temos tempos onde son as propias crianzas as que toman decisións a través da negociación e a creación de acordos, e momentos nos que somos as mestras as que decidimos. As normas pódense negociar; os límites non.