Educalecrín

Educalecrín

Unha educación respetuosa
coas persoas e a natureza.

Bosquescola

Centro educativo de educación infantil pola mañá, e grupos de aprendizaxe pola tarde dende os 2 aos 12 anos.

Servizos e Valores

Ofrecemos unha ampla variedade de servizos destinados a promover a educación, a sostibilidade e o benestar emocional e ambiental.

Educalecrín - Educación

Que facemos en Educalecrín?

Unha educación diferente para un mundo diferente

Como traballamos

Os nosos valores

O trato ás persoas con amor e respecto son os pilares básicos da nosa pedagoxía.
Somos persoas cercanas que a través do noso traballo aportamos ferramentas ás persoas para que poidan desenvolver ás súas vidas dende o equilibrio e o benestar.
As nosas actividades son divertidas, amenas e prácticas. Temos en conta as necesidades das persoas para as que traballamos, creando así un fio comunicativo, para poder axudalas cada vez máis e mellor.

Bosquescola
A Merla Branca

Un espazo único onde a natureza é a mellor aula.

Formacións Innovadoras

Formacións prácticas sobre educación emocional, CNV, resolución de conflictos e relacións saudables.

Campamentos Educativos

Campamentos para aprender e disfrutar da natureza.

Baños de Bosque

Roteiros en pleno bosque autóctono para mellorar a nosa saúde emocional e física.

Galería de imaxes

Día a día na Bosquescola

Preguntas e Respostas

Atoparás aquí respostas ás dúbidas máis comúns sobre Educalecrín. Se precisas máis información, non dubides en contactarnos.

A Responsabilidade Social Corporativa (RSC) refírese ao compromiso das organizacións de actuar de maneira ética e responsable, tendo en conta o impacto das súas actividades na sociedade e no medio ambiente. Na Educalecrín, a RSC é un principio fundamental que guía as nosas accións, asegurando que as nosas actividades educativas e sociais contribúan ao benestar da comunidade e á protección do medio ambiente.

“Non hai mal tempo, se non roupa inadecuada” As crianzas están perfectamente equipadas, o que lles premite estar en inverno no exterior, mantendo todo o calor corporal (máis alto incluso do que teñen en ocasións con roupa normal no interior dunha aula) e o seu interior totalmente seco. Para conseguilo só nos tes que preguntar cal é o uniforme axeitado.

En países tan fríos como Noruega ou Finlandia, non só hai escolas bosque, se non que ademáis son públicas, sendo uns dos países pioneiros nesta pedagoxía, con máis de 100 anos de historia.

Sí, premendo no apartado “Servizos e valores” poderás coñecelos todos.

Tódolos obxectivos correspondentes ao Currículum de Educación Infantil e Primaria publicados no BOE, pódense desenvolver nunha escola na natureza. E non só estos, se non moitos máis. As crianzas que acuden ao noso centro a cursar Educación Infantil, saen perfectamente formadas para cursar Educación Primaria nun centro convencional.

Temos horarios flexibles de entrada e opción a comidas. Igualmente nas actividades de tarde, sodes vós quen elexides os días que queredes vir.

Estamos a tan só 5 minutos en coche do centro de Lalín, nunha rúa de fácil acceso.