Desenvolvemos unha pedagoxía innovadora centrada na educación social e medioambiental, promovendo unha conexión profunda coa natureza e fomentando o benestar emocional e físico. As nosas principais áreas de actuación inclúen:
Un dos nosos servizos máis destacados, ofrecido ao Concello de Lalín. Este campamento é un referente na zona, sendo o máis solicitado ano tras ano. Combinamos educación ambiental con actividades lúdicas para que nenos e nias aprendan a valorar e coidar do medio ambiente mentres se divirten.



Proxectos personalizados para centros educativos, puidendo conbinar formación para alumnado, profesorado e ANPAS, coa creación de patios dinámicos e inclusivos.
Programas educativos que abordan a prevención do acoso escolar, promovendo un ambiente seguro e respectuoso.
Iniciativas que fomentan a igualdade de xénero e a aceptación da diversidade en todas as súas formas.
Actividades que axudan a desenvolver a intelixencia emocional, mellorando as relacións interpersoais e o autocoñecemento.
Obradoiros baseados no método de Comunicación Non Violenta de Marshall Rosenberg, que ensinan técnicas para unha comunicación máis empática e efectiva.
Programas que proporcionan ferramentas para establecer e manter relacións interpersoais positivas e enriquecedoras.

Traballamos para persoas de tódalas idades e por toda Galicia. Actualmente estamos a especializarnos no eido das Altas Capacidades e en diversidades como o TDAH.










