Educalecrín

Nós

Educalecrín

Quen somos?

Educalecrín é unha cooperativa de formación ecosocial.

No noso equipo contamos con mestras, biólogas, psicólogas, educadoras medioambientais, educadoras sociais, animadoras…

educalecrin-bosquescola- (30)

Valores e Obxectivos

Currículum e Natureza

Traballamos tódalas áreas curriculares usando a natureza como fío conductor.

Xogo e Creatividade

Fomentamos actividades lúdicas que estimulan a imaxinación e o traballo en equipo, axudando ás persoas participantes a desenvolver habilidades sociais e emocionais.

Aventura e Natureza

A contorna natural de Lalín ofrécenos o escenario perfecto para actividades ao aire libre que promoven o contacto coa natureza e a educación ambiental.

Lectura e Reflexión

Creamos espazos de calma para fomentar a lectura e o pensamento crítico, complementando as actividades físicas cun desenvolvemento integral.

O noso equipo

As persoas detrás da Bosquescola

Na Bosquescola, creemos que a educación e o acompañamento deben estar en mans de profesionais comprometidas coa natureza, a aprendizaxe e o benestar das persoas. O noso equipo está formado por dúas especialistas que traballan conxuntamente para ofrecer experiencias educativas de calidade. Ademáis, Laia e Yolanda colaboran con nós, enriquecendo o noso centro día a día.

Verónica

Fundadora e codirectora da Bosquescola.
Educadora graduada en Maxisterio e en Bioloxía.
Especializada en Terapia Gestalt.

Natalia

Fundadora e codirectora da Bosquescola.
Educadora especializada en pedagoxías alternativas.
Facilitadora de aprendizaxes baseadas na exploración e a experiencia.

Laia

Psicóloga colaboradora.
Apoio externo en xestión emocional e desenvolvemento persoal

Yolanda

Mestra de Inglés da Bosquescola.
Psicopedagoga especializada en Dificultades de Aprendizaxe e Procesos Cognitivos.

Xuntas construímos un futuro mellor

Os nosos clientes

Colaboramos coa USC, con máis de 20 centros educativos, con concellos de toda Galicia