En Educalecrín, estamos orgullosas de recibir recoñecementos por noso compromiso co fomento da innovación, a economía social e solidaria, e o apoio ás mulleres emprendedoras.
Os nosos participantes destacan o enfoque práctico e ilusionante da nosa proposta educativa ao aire libre. A través das enquisas de satisfacción, conseguimos unha media de 8,9, o que nos anima a seguir traballando con entusiasmo.
"O que máis me gustou foi a ilusión coa que se transmitiron os coñecementos"
"O carácter e o trato foi mellor."
"Gustoume o xeito de explicar o tema, facéndoo sinxelo."
"Unha educación integradora, en igualdade, coidado á natureza e galego; doulle un 10."
"Sodes unhas grandes profesionais, moi distinto ao que vin ata agora."
"Divertinme moitísimo, quero que sexades as miñas profes."